viernes, 14 de noviembre de 2008

Os videos de Youtube, Google, etc

En Internet podes atopar un montón de páxinas que conteñen vídeos. A máis famosa é Youtube pero hai mais. Busca outros sitios onde atopar videos.
Son unha boa fonte de imaxes de todos os tipos, pero só podes velos na pantalla dun ordenador que está conectado á rede.
Sería interesante poder gardar os vídeos que che gustan para velos nun DVD, nun VCD, na PSP ou no móbil ¿non si? Pois si, é posible.
Busca información sobre como podes facer para velos en Alta Calidade, para gardalos, e para transformalos. Utilizando ferramentas legais e gratuitas. Ten moito cuidado, porque algunha das ferramentas que aparecen ao buscar son en realidade fonte de virus e troianos moi difíciles de desactivar.

Con todo o que averigües, fai un resumo, con enlaces e exemplos e envíamo a cursoimo@gmail.com

No hay comentarios: