viernes, 14 de noviembre de 2008

Os videos de Youtube, Google, etc

En Internet podes atopar un montón de páxinas que conteñen vídeos. A máis famosa é Youtube pero hai mais. Busca outros sitios onde atopar videos.
Son unha boa fonte de imaxes de todos os tipos, pero só podes velos na pantalla dun ordenador que está conectado á rede.
Sería interesante poder gardar os vídeos que che gustan para velos nun DVD, nun VCD, na PSP ou no móbil ¿non si? Pois si, é posible.
Busca información sobre como podes facer para velos en Alta Calidade, para gardalos, e para transformalos. Utilizando ferramentas legais e gratuitas. Ten moito cuidado, porque algunha das ferramentas que aparecen ao buscar son en realidade fonte de virus e troianos moi difíciles de desactivar.

Con todo o que averigües, fai un resumo, con enlaces e exemplos e envíamo a cursoimo@gmail.com

jueves, 6 de noviembre de 2008

Fotografías


Supoño que sabes que é unha fotografía dixital.

O móvil, a cámara, a PDA son ferramentas para tomar fotos dixitais.
Cando compras unha cámara ou un móvil falaránche de CCD, de megapíxeles, de formatos de almacenamento, de resolución, de calidades.

Busca información sobre o que é o sensor CCD, que é un pixel, un Megapixel, os diferentes formatos de almacenamento de fotografías dixitáis (JPEG, TIFF, RAW) e fai un resumo que calquera dos teus compañeir@s poda comprender. Elabora un informe sobre unha cámara fotográfica dixital que che pareza boa (non copies a d@ compañeir@) e busca diferentes prezos en tendas de Internet e aconsella onde está mellor de prezo.

Xa sabes, como sempre, correo a cursoimo@gmail.com