jueves, 23 de octubre de 2008

Software

Busca a definición de software de código aberto, software libre ou open source software.
É o mesmo que o software propietario?
Elabora unha lista do software propietario máis coñecido e utilizado (suite ofimática, cliente de correo, navegador de Internet, cliente de mensaxería instantánea, lector de arquivos pdf, cliente de noticias, cliente de podcast, reproductor multimedia, editor de fotografía, programa de dibuxo,editor de sons, editor de vídeo, conversor (ripper) de vídeo, grabador de CD's-DVD's, etc.) A continuación fai unha lista coas equivalencias en software libre.
Unha vez elaborada envíaa por mail a cursoimo@gmail.com

martes, 14 de octubre de 2008

As consolas portátiles e a wifi

Busca información sobre que consolas portátiles poden conectarse a Internet por wi-fi e como tes que facer para poder navegar coa túa nunha rede deste tipo.
Podes conectarte á wi-fi do centro? que precisas saber?, e a wi-fi da Biblioteca pública?

Fai un esforzo de comunicación e envíamo nun correo a cursoimo@gmail.com

Explica como podes usar o teu móbil como modem para conectar un pc portátil a Internet por medio de Bluetooth.

Fai un esforzo de comunicación e envíamo nun correo a cursoimo@gmail.com

lunes, 13 de octubre de 2008

Acceso a redes

Busca información sobre os seguintes conceptos: Bluetooth, WIFI, Wimax, 3G (UMTS), GSM, GPRS,3.5G.
Elabora un correo coa información que obteñas, coa relación que hai entre os diferentes conceptos, vantaxes, inconvintes, puntos a favor e en contra de cada un e envía un correo con todo a cursoimo@gmail.com Pon como asunto "acceso a redes"

As TCI, que son? para que serven?

Busca información no web (xa sabes wikipedia, google e familia) sobre que son as TCI (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Tamén chamadas TIC, e, en inglés ICT (Information & Communication Technologies).
Elabora un resumo de utilidades, ferramentas, vantaxes e inconvintes. Non esquezas que non só son as tecnoloxías de informática, estan a TV, a prensa, a radio, etc...
Cando o teñas todo mandao por correo a cursoimo@gmail.com